sábado, 22 de novembro de 2008

Seredes...Vós.


Abre os ollos,estás soa....non! inda onte os miraba,eu mesma,a que agora empuña esta espada de fume que corta o vento.

Namorada da nada ,camiño pola memoria nun recordo afastado que me brota do peito coma sangue fresca porque aínda está en min.

Voltarei á orixe desta esperanza que cobre os meus cabelos de princesa abandoada,e rexurdirei das miñas cinzas compoñendo a boneca que sempre quixen ser.


Reconstruiremos con soños os cafés de Castelao ,e cunha palabra ,entregaredes o lume que brota en todas as nosas almas para que sexa noso.

Seremos a palabra entregada, para alimentar cada senseción dos nosos pés descalzos que nos levan por este terreo descoñecido.

Seremos razón,paixón,amor....



Seredes vós.

Seredes o aire que me fai continuar con vida...

Diotima de mantinea

2 comentários:

.Lou Sara Salomè. disse...

Seremos razón,paixón,amor....



Seredes vós.




moitas grazas sheiliña. es un amor. o sabes?


:*****)

Lolo de Untes disse...

qué lindo!!!!
grazas, é moi bonito, cargado de expresividade...

seremos nós os que continuaremos con vida grazas ao teu ar